en el "país de la democracia" cada día se sacan nuevas normas en contra de los borregos que permiten que la casta siga en la poltrona.. disfruten lo votado..
Denuncian un novo veto a bandeiras nacionalistas galegas en recintos deportivos - Praza Pública
Non é a primeira vez que ocorre. Nesta ocasión, a denuncia chega logo
dun partido de baloncesto entre o Obradoiro e o Cajasol. Segundo asegura
un afeccionado do equipo galego, co que puido falar Praza, a Policía
obrigou a outro seareiro a retirar unha bandeira galega coa estrela
vermella que penduraba dun valado do Multiusos Fontes do Sar. Baixo
ameaza dunha multa de 3.000 euros, un axente vestido de paisano
advertiulle ao implicado da infracción que podería supor a súa actitude.
Un seareiro do Obradoiro foi ameazado cunha multa de 3.000 euros por lucir unha bandeira galega con estrela vermella
Esta nova denuncia chega despois de que numerosos afeccionados do Celta
se queixasen hai dúas semanas de que varios axentes de policía impediran
o paso ás bancadas do estadio Santiago Bernabéu con bandeiras galegas
coa estrela vermella con motivo do encontro disputado entre o equipo
vigués e o Real Madrid. As redes sociais expresaron tamén o malestar
polo trato recibido por parte da Policía nun recinto onde adoitan
exhibirse bandeiras preconstitucionais ou de ideoloxía fascista.
Tampouco foi esta a primeira vez que ocorreu algo semellante nun
desprazamento de equipos galegos. Hai anos, nun encontro en Pamplona
entre o Deportivo e o Osasuna, varias bandeiras galegas foran requisadas
por axentes na entrada ao estadio do Sadar. Incluso en Riazor se
lembran advertencias do mesmo tipo non hai moito tempo.
Un seguidor do Barcelona xa fora sancionado por exhibir unha 'estelada' no Bernabéu
A polémica chega a Galicia logo de que un afeccionado do Barcelona fora
multado o pasado mes de decembro con 3.001 euros por introducir unha
estelada (bandeira independentista catalá) no Santiago Bernabéu.
Daquela, o propio Ministerio de Interior recoñecera que estas bandeiras
non constituían "ningún tipo de infracción" da Lei contra a Violencia no
Deporte, pero aclaraba que poderían ser confiscadas se a autoridade
policial presente no recinto deportivo considera que supoñen un risco de
alteración de orde pública.
Lucir a bandeira non é delito, pero pode ser confiscada se a autoridade policial considera que poden alterar a orde pública
"Neste caso, o rapaz colocaba esa bandeira cada fin de semana no mesmo
fondo desde hai tempo", asegura o afeccionado do Obradoiro que contactou
con Praza, que luciu despois a estreleira e que chegou a falar co
axente de paisano e co axente de seguridade que intentaron vetar o
símbolo. "Pode haber alguén a quen lle moleste", disque lle
argumentaron.
"Contactei cos meus avogados, que incluso
consultaron o caso á Delegación do Goberno, onde lles confirmaron que
non existe lei ningunha que prohiba exhibir esa bandeira nos
espectáculos deportivos", confirma o afectado, que asegura que desde o
club atribúen o veto á Liga ACB. O caso, polo que parece, queda á
interpretación do operativo policial que se despregue en cada un dos
partidos, o que explicaría que bandeiras deste tipo luzan cada fin de
semana en Riazor ou Balaídos sen atranco ningún.
1 comentario:
Onde está o problema?que eu saiba é unha bandeira ilegal e inconstitucional,igual que a do aguilucho ou a republicana. Ademáis,mentres tildedes a xente de fascista por sacar a bandeira roxigualda,a min impórtame unha merda que non poidades sacar as vosas bandeiras. Unha por outra,"demócratas" do carallo.
Publicar un comentario