20121104

Luxo e impagos en Xóvenes Agricultores

Luxo e impagos en Xóvenes Agricultores

Mentres os traballadores botan meses sen cobrar, os responsábeis do sindicato agrario en Galicia desprázanse en automóbiles de luxo e acumulan un importante patrimonio, iates incluídos.

Por Galicia Confidencial | | 04/11/2012



Juan Luis Pérez Miramontes, presidente de Xóvenes Agricultores, acumula un importante patrimonio produto das subvencións públicas para realizar cursos de formación aos traballadores do agro. Entre eles, un iate, "A Peregrina" no que todos os veráns organiza excursións para altos cargos do PPdeG. De feito, até que chegou á presidencia do Goberno, era habitual a imaxe de Mariano Rajoy deixándose fotografiar canda Pérez Miramontes no seu iate amarrado en Sanxenxo.

Esta é unha das denuncias que recolle unha interesante reportaxe de Interviú sobre a central agraria, coñecida como ASAJA en España.

Na información de Juan José Fernández, tamén se recolle como os altos cargos de Xóvenes Agricultores seguen a empregar vehículos de luxo mentres os seus traballadores levan meses sen cobrar.

A redución das axudas da Xunta para a formación provocou despedimentos en case todos os sindicatos do sector, tamén no SLG e Unións Agrarias.

Agora ben, a crise parece que non está a afectar igual aos negocios da cúpula de Xóvenes, unha central vencellada ao PPdeG.


Rajoy, Ana Pastor y otros pajaros a bordo del Peregrina.

No hay comentarios: