A xuízo de Araúxo "González debería explicar a que dedica os cartos que ingresa o PP" na localidade "en concepto de representación no Concello", no que teñen nove edís, para non poder facer fronte ao arrendamento. Nun sentido semellante, o coordinador provincial de CxG, Rafael Cuíña, coida que cómpre ter en conta que "o PP, coas súas políticas no Goberno do Estado e na Xunta, desampara os desafiuzados", as "verdadeiras vítimas desta crise", mentres "ampara a banca, mesmo chegando a etiquetar de etarras aos afectados polas súas xustas protestas".
Cuíña subliña que o PP "ten ingresos millonarios", polo que a única xustificación para non pagar é "a cara dura dos seus dirixientes""O PP non está nas mesmas condicións" que as persoas que non poden pagar a súa vivenda, di Cuíña, dado que "é un partido solvente" dende o punto de vista económico, "ten ingresos millonarios no estado e en todas as institucións nas que ten representación", polo que "non te xustificación que non paguen o alugueiro ao lexítimo propietario" do local que ocupaban. A única xustificación posible, ironiza, é "a cara dura dos seus dirixentes", polo que, conclúe, "quen non é quen de gobernar a súa casa é imposible que goberne a casa de todos".
No hay comentarios:
Publicar un comentario