20141113

GC anticorrupción : Investigan gastos do presidente de Cantabria en balnearios dentro da Pokemon

El presidente de Cantabria se fue de balneario pagado por Aquagest, la empresa centro de la trama Pokemon.. no han aclarado si también había "traductoras rumanas" como en el caso EMARSA

disfruten lo votado..


GC anticorrupción : Investigan gastos do presidente de Cantabria en balnearios dentro da Pokemon


O sumario da Operación Pokemon derivou na apertura de novas investigacións que afectan ao presidente de Cantabria, o popular Juan Ignacio Delgado. O Xulgado de Instrución número 3 de Avilés está a investigar unha estancia en agosto de 2010 do tamén líder do PP nesta comunidade no Balneario das Caldas, en Oviedo.

Juan Ignacio Delgado tería realizado varios gastos nese establecemento por conta da empresa Aquagest.. Esta é a principal empresa investigada no caso Pokemon, que iniciou a xuíza Pilar de Lara, e que derivou logo ao xulgado de Avilés. Esta sala ditou unha providencia na que cita como imputada á empresa pola presunta comisión dun delito continuado de tráfico de influencias, fraude e exaccións ilegais.

Segundo as investigacións policiais, Aquagest non só tería pagado a estancia do actual presidente de Cantabria, senón de varios altos cargos do seu goberno e partido. Así, o xuíz identifica a outras tres persoas. Trátase do seu conselleiro de Obras Públicas, Francisco Javier Rodríguez Argüeso; o actual director xeral de Administración Local do Principado e ex concelleiro socialista do Concello de Llanes, Francisco José Balmori, e a ex concelleira do PP no Concello del Franco e ex deputada do Parlamento asturiano Rebeca Heli Álvarez Martínez.

A xuíza ordena que se libre oficio ao Parlamento cántabro para que certifique que cargos ostentaban Juan Ignacio Diego e Rodríguez Argüeso en agosto de 2010 e reclama tamén da Cámara asturiana que detalle os cargos de Balmori e Álvarez Martínez en febreiro de 2010 e outubro de 2009, respectivamente.

Así mesmo, en atención a un informe da Brigada de Policía Xudicial, o maxistrado pide ao Balneario das Caldas que facilite copia da factura ou facturas abonadas por Aquagest en 2009 e identifique ás persoas que gozaron das súas instalacións. Por último, solicita á empresa Viajes Avenida que identifique á persoa que contratou unha viaxe á Coruña do 16 ao 18 de outubro de 2009 abonado por Aquagest.

No hay comentarios: